01/12/09

RONI RECOMENDA.....!

18/11/09


CARTA DE RONI


Ola nenas! Ola nenos!

Son Roni! Estou seguro de que vos lembrades de min. Ah! é certo, os pequerrechos de tres anos ainda me coñecen pouco, pois para eles un saúdo especial.

Despois dun verán de Praia, viaxes e xogos e de dous meses de curso non vos vin moito pola Biblioteca.

Xa sei que non foi culpa vosa, que queriades vir , pero xa sabedes que de momento só podiades achegarvos a darme unha visita cos vosos titores.

Peroooo… preparade esas orellas para escoitar a miña nova!!!

A BIBLIOTECA ESTARÁ A VOSA DISPOSICIÓN NOS RECREOS!!!

Si, escoitastedes ben, NOS RECREOS!!!!

Pero só cando teñamos patio , claro!!!

Podedes ler esa media horiña comigo, viaxar coas historias que gardan os libros, soñar que somos piratas, investigadores ou bruxas e por suposto levar libros para ler na vosa casa…

Bicos para todos e todas e vinde pronto.

O voso amiguiño, Roni.



16/11/09

"El secreto del oso hormiguero"
Faktoría de Libros.

09/11/09

ULTIMAS NOVIDADES NA BIBLIOTECA

"O Porquiño"
Ed. Kalandraka.

O porquiño vivía no seu cortello, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dicían.


A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como “Contos de ratiños” e “Sopa de rato”, publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar.

Báixate un pdf con máis información.


"Como facer un Cömic"
Ed.Faktoría de libros.

Lewis Trondheim e Sergio García alíanse neste álbum para
explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como construir unha páxina, a composición das viñetas e a súa función narrativa, os tipos de planos, a descomposición do movemento, os criterios para escoller un bo enfoque das esceas, a forma dos ‘bocadillos’ ou ‘globos’ a través dos cales se amosan os diálogos entre os personaxes; tamén se expoñen os métodos para expresar sentimentos e emocións a través de onomatopeas e outros elementos gráficos, ou como plasmar o paso do tempo mediante recursos como o flash-back.
  • Temática: metodoloxía para aprender a debuxar cómic
  • Idade recomendada: dende 6 anos

29/06/09

¿Onde está o navío de Darwin?

Un grupo de científicos atópase preto de coñecer o punto exacto do naufraxio do Beagle, embarcación na que Charles Darwin iniciou as súas teorías da evolución. Con este navío, Darwin percorreu gran parte de América e fixo unha expedición entre 1831 e 1836 ao mando do capitán Robert Fitzroy. Esta experiencia influíu no desenvolvemento das súas ideas sobre a evolución e na publicación da súa obra “A Orixe das Especies” en 1859.O Beagle é considerado un dos barcos máis importantes da historia da ciencia, aínda que non se levaron a cabo investigacións sobre el durante un século. De 1820 a 1823 estivo no asteleiro real de Woolwich, despois foi reacondicionado como buque de investigación hidrográfica. Isto levoulle a dar a volta ao mundo en 2 ocasións. O buque foi retirado en 1840, aínda que máis tarde foi empregado polo servizo de gardacostas para actividades contra o contrabando. Cara a 1875 perdeuse a pista do gran navío.

ESTAMOS NO ANO DE DARWIN


Celebramos este ano o 200 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin (Shrewsbury, 12 febreiro 1809-19 abril 1882, Downe).

Foi un naturalista inglés pai da teoría da evolución por selección natural descrita na súa obra a “A orixe das especies”. Revolucionou o concepto que o ser humano ten de si mesmo e da súa relación coas demais especies do planeta ao establecer unha orixe común para todas elas. Debido a estas ideas revolucionarias para a época, foi moi criticado por diversos sectores da sociedade especialmente pola igrexa católica, pero o seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra, e no pensamento moderno en xeral.


A TEORÍA DA EVOLUCIÓN

A teoría da evolución propón a competencia e a aptitude como mecanismos evolutivos na idea da supervivencia dos máis aptos. A teoría establece que os distintos individuos non nacen coas mesmas características. Algunhas destas poden ser máis que as que herdan outros individuos (en termos de velocidade, e forza) o que fai que a longo prazo estes organismos teñan maiores probabilidades de supervivencia. Así, pouco a pouco a especie verase poboada por estes individuos e, que o teren maiores probabilidades de supervivencia teñen mais descendencia. E así sucesivamente ata que tódolos individuos novos da especie herden esas novas características. Neste punto ocorreu unha nova evolución na especie.

Existen variantes nesta teoría coñecida como Darwinismo.

Laura Bouza

Alba Francisco

Alumnas de 5º

Proba a facer este puzzle de Darwin a cores

31/03/09

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!


O incrible neno devorador de libros
!!!


A Henry encantábanlle os libros, pero non como a ti e a min, non....
a Henry encantáballe COMER libros!!!

O autor deste libro é Oliver Jeffers

E a adaptación ao galego é de Óscar Villán e Antón Suárez.


O libro ten 31 páxinas

e podes atopalo na Biblioteca de A Rúa.

Ah... IMPORTANTE!!!
Este é o primeiro libro dunha nova editorial galega que empeza con ganas de facer as cousas ben. Celebramos o bo comezo e desexamos moitos éxitos a

www.patasdepeixe.com