Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

A QUÉ SABE A LÚA.

A QUÉ SABE A LÚA será a nosa seguinte proposta para descubrir, experimentar e sentir tod@s xuntos!!!

ISTO NON É UNHA CAIXA

Recibimos un paquete sorpresa de parte da nosa mascota Roni!! Despois de facernos mil preguntas descubrimos que Roni nos agasallou cun libro: "Isto non é unha caixa". A partires da súa lectura iniciamos o segundo obradoiro de arte de infantil. O mesmo que facía o coelliño no conto, xogamos a imaxinar que as caixas eran diferentes obxectos: coches, casas, robots,paquetes sorpresa,...Tamén xogamos a transformarnos nós mesmos en diferentes pesonaxes empregando un aparato moi especial: A Máquina Transformadora.  E como non, cada equipo inventou algo novo coa súa caixa.

1ª XUNTANZA DE REPRESENTANTES NA BIBLIOTECA

Vense de celebrar a 1ª xuntanza de representantes das distintas aulas.

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Os rapaces e rapazas de sexto traballan arreo para que a nosa Biblioteca poida abrir as súas portas canta antes.