Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2009
CARTA DE RONI Ola nenas! Ola nenos! Son Roni! Estou seguro de que vos lembrades de min. Ah! é certo, os pequerrechos de tres anos ainda me coñecen pouco, pois para eles un saúdo especial. Despois dun verán de Praia, viaxes e xogos e de dous meses de curso non vos vin moito pola Biblioteca. Xa sei que non foi culpa vosa, que queriades vir , pero xa sabedes que de momento só podiades achegarvos a darme unha visita cos vosos titores. Peroooo… preparade esas orellas para escoitar a miña nova!!! A BIBLIOTECA ESTARÁ A VOSA DISPOSICIÓN NOS RECREOS!!! Si, escoitastedes ben, NOS RECREOS!!!! Pero só cando teñamos patio , claro!!! Podedes ler esa media horiña comigo, viaxar coas historias que gardan os libros, soñar que somos piratas, investigadores ou bruxas e por suposto levar libros para ler na vosa casa… Bicos para todos e todas e vinde pronto. O voso amiguiño, Roni.
"El secreto del oso hormiguero" Faktoría de Libros.

ULTIMAS NOVIDADES NA BIBLIOTECA

"O Porquiño" Ed. Kalandraka. O porquiño vivía no seu cortello, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dicían. A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como “Contos de ratiños” e “Sopa de rato”, publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar. Báixate un pdf con máis información. "Como facer un Cömic" Ed.Faktoría de libros. Lewis Trondheim e Sergio García