Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

CHARLAS PARA TODOS NA NOSA BIBLIO

·CHARLA CRYSALLIS Adicamos unha xornada á identidade e á diversidade sexual. Contamos coa colaboración da Asociación Crysallis que nos ofreceu distintos obradoiros para o alumnado durante a mañá, e unha charla para profesorado e familiaspola tarde, que resultou moi interesante e enriquecedora.
·CHARLA ROBERTO MAQUIEIRA Dentro do Plan de Formación que temos no centro, este ano ofrecemos por primeira vez formación ás familias.O Orientador Roberto Maquieira, na súa ponencia “Como aprenden os nosos fillos” foi describindo como se produce o desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas e cales son as pautas educativas máis axeitadas en cada momento. 

·XORNADAS INTERCULTURAIS Dentro das Xornadas Interculturais organizadas todos os anos polo Concello de Cangas, contamos con diversas propostas en función das distintas idades.
Os de 3º tiveron un contacontos ofrecido por Solidaridade Internacional de Galicia que baixo o título “As outras viaxes de Irene” pretende favorecer o coñecemento doutras cul…

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Roni abre as portas da nosa Biblio para recibir as familias dos peques a que compartan con nos uns momentos da xornada, organizando diferentes actividades de animación a lectura.