Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2009

¿Onde está o navío de Darwin?

Un grupo de científicos atópase preto de coñecer o punto exacto do naufraxio do Beagle, embarcación na que Charles Darwin iniciou as súas teorías da evolución. Con este navío, Darwin percorreu gran parte de América e fixo unha expedición entre 1831 e 1836 ao mando do capitán Robert Fitzroy. Esta experiencia influíu no desenvolvemento das súas ideas sobre a evolución e na publicación da súa obra “A Orixe das Especies” en 1859.O Beagle é considerado un dos barcos máis importantes da historia da ciencia, aínda que non se levaron a cabo investigacións sobre el durante un século.De 1820 a 1823 estivo no asteleiro real de Woolwich, despois foi reacondicionado como buque de investigación hidrográfica. Isto levoulle a dar a volta ao mundo en 2 ocasións.O buque foi retirado en 1840, aínda que máis tarde foi empregado polo servizo de gardacostas para actividades contra o contrabando.Cara a 1875 perdeuse a pista do gran navío.

Viaxe do Beagle etapa por etapa

ESTAMOS NO ANO DE DARWIN

Celebramos este ano o 200 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin (Shrewsbury, 12 febreiro 1809-19 abril 1882, Downe).Foi un naturalista inglés pai da teoría da evolución por selección natural descrita na súa obra a “A orixe das especies”. Revolucionou o concepto que o ser humano ten de si mesmo e da súa relación coasdemais especies do planeta ao establecer unha orixe común para todas elas. Debido a estasideas revolucionarias paraa época, foi moi criticado por diversossectores da sociedade especialmente pola igrexa católica, pero o seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra, e no pensamento moderno en xeral.
A TEORÍA DA EVOLUCIÓNA teoría da evolución propón a competencia e a aptitude como mecanismos evolutivos na idea da supervivenciados máis aptos. A teoría establece que os distintosindividuos non nacen coas mesmas características. Algunhas destas poden ser máisque as que herdan outros individuos (en termos de velocidade, e forza) o que f…