Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

O DÍA DE ROSALIA

RONI VIAXA EN COCHE COS NENOS DE 1º........

UN TRABALLIÑO QUE OS NENOS FIXERON POR PARELLAS. PENSARON UN DESTINO A DONDE RONI PUIDESE IR CON COCHE, INFORMÁRONSE NA WEB DE LUGARES A VISITAR E FIXERON AS ILUSTRACIÓNS.

RONI PREPARA O ENTROIDO.

COMO CADA ANO A NOSA MASCOTA DA BIBLIO BUSCA O SEU DISFRAZ....OLLADE QUE VARIEDADE DE PROPOSTAS LLE FIXERON OS NENOS.

(Pincha na primeira imaxe para ver unha presentación con todas)



























CATALOGAMOS OS LIBROS DA BIBLIO DE AULA

A BIBLIO DE AULA DOS INDIOS VIAXEIROS, É UN RINCONCIÑO MOI QUERIDO POLOS NENOS, DISFRUTAN OLLANDO OS CONTOS SÓS OU ACOMPAÑADOS, VIAXAN CON CADA UNHA DAS HISTORIAS QUE SE DESPRENDEN DOS LIBROS. POR ISO, DECIDIMOS COIDALOS E MIMALOS COMO SE MERECEN.....

PARA VER MÁIS PINCHADE AQUÍ:
http://ospitufosarua.blogspot.com.es/2015/02/catalogamos-os-libros-da-biblio-de-aula.html



OS PEQUES DE INFANTIL RECOMENDAMOS....

NA HORA DE LER, OS NENOS ESCOITARON E OLLARON ELES MESMOS ESTE CONTIÑO TAN ESPECIAL. CO MOTIVO DA NOSA VIAXE Á PREHISTORIA(  PROXECTO QUE SE ESTÁ A TRABALLAR EN INFANTIL) QUIXEMOS ACERCARNOS COS LIBROS PARA COÑECER COMO ERAN OS HOMES E QUE FACÍAN... E COMO PINTABAN AS SÚAS COVAS. DESCUBRIMOS ASÍ AS PINTURAS RUPESTRES.









OLLAMOS TAMÉN OUTROS LIBROS RELACIONADOS CO TEMA.


OS NENOS DE 5 ANOS DESCUBRIRON QUE HAI UNHAS PINTURAS RUPESTRES MOI IMPORTANTES NAS COVAS DE ALTAMIRA, EN SANTANDER. POLO TANTO, COMPLETAMOS DOCUMENTACIÓN CO VISIONADO DUN VÍDEO.



ASÍ DESCUBRIMOS AS CORES, OS ANIMAIS QUE DEBUXABAN.....

OS NENOS FAN OS SEUS PRIMEIROS BOCETOS.....















MOI BEN INFORMADOS SOBRE AS PINTURAS RUPESTRES, PASAMOS A PRÁCTICA... ENTRE TODOS, IMOS EXPERIMENTAR CON DIFERENTES TEXTURAS E COLORANTES PARA FACER AS NOSAS PROPIAS PINTURAS.



A PAREDE ESTÁ PREPARADA E OS NOSOS PEQUENOS PRIMITIVOS TAMÉN....














DEBUXAMOS CON CARBÓN Ó NOSO MAMUT.


 TRAZO A TRAZO XA TEMOS PARTE DA
 NOSA OBRA EN MARCHA.
















E ASÍ DE ESTUPENDA …

SORPRESA CON RONI

RONI SABE MOI BEN QUE ESTAMOS VIAXANDO A ROMA, POR ISO NOS QUIXO SORPRENDER CON ESTAS GUÍAS TURÍSTICAS.



OS NENOS COMEZARON A UTILIZALAS PARA BUSCAR INFORMACIÓN, FUNDAMENTALMENTE SOBRE O COLISEO. MONUMENTO QUE XA RECOÑECEN POLAS ACTIVIDADES PREVIAS QUE FIXEMOS SOBRE ESTA VIAXE.




............................................................................................................


COMPLETAMOS A NOSA INFORMACIÓN BUSCANDO IMAXES SOBRE O COLISEO NA WEB.


OS NENOS COMENTAN A IMAXE E SORPRÉNDELLES SOBRE TODO: O GRANDE QUE É, A CANTIDADE DE VENTÁS E PORTAS, O VELLO QUE LLES PARECE, QUE NON TEN TEITO....

COMO PODEDES COMPROBAR ATA SE LEVANTAN PARA CONTAR AS VENTÁS E VER OS PEQUENOS DETALLES..

A CONTINUACIÓN, DEBUXAN O SEU COLISEO.















E ASÍ VEN OS NENOS O COLISEO POR DENTRO.

















SE QUEREDES OLLAR ESTAS GUÍAS TURÍSTICAS TAN INTERESANTES, RONI ESTAVOS ESPERANDO NO PUNTO DE LECTURA QUE TEMOS NA ENTRADA DA BIBLIO.