Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

FAROVELLOS NA RÚA

Como cada ano, Roni se anima a vestirse para dar as consignas aos nen@s. Así de guapo e atrevido se deixou ver nesta ocasión.

2ª XUNTANZA DE REPRESENTANTES NA BIBLIOTECA

Vense de celebrar a 2ª xuntanza de representantes, pertencente ao segundo trimestre.
Nesta convocatoria, os representantes compartiron as inquedanzas dos seus compañeiros, transmitindo as dúbidas, as propostas e a preocupación por resolver algúns pequenos conflictos.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA SALA DE ADICAM

A ASOCIACIÓN LOCAL ADICAM, CEDE A SÚA SALA DE USOS MÚLTIPLES DURANTE UNHA SEMANA, PARA QUE O NOSO ALUMNADO  POIDA LEVAR A CABO A INTERVENCIÓN ARTÍSTICA INSPIRADA NA OBRA DE YAYOI KUSAMA E ASÍ DAR COMO REMATADO O TERCEIRO OBRADOIRO DE ARTE DE INFANTIL.




NEN@AS  E ADULTOS GOZARON DUNHA TARDE MOI ESPECIAL E CHEA DE COR, RECREANDO A OBRA DA ARTISTA XAPONESA YAYOI KUSAMA QUE LEVA POR TÍTULO OBLITERATION ROOM  (PREME PARA VER O VÍDEO)















ROSA CARAMELO

Os Obradoiros de Infantil seguen en marcha e dende Obradoiros Roni. Esta vez imos presentar o conto ROSA CARAMELO.


DENDE A RÚA AO INFINITO

"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA", un conto sobre a diversidade, foi o punto de partida deste obradoiro tan especial.

E como de círculos vai a cousa..., continuamos con Yayoi Kusama, outro exemplo de diversidade.

 Para achegar aos nenos/as a esta artista empregamos o libro "De aquí al infinito", que explica dun xeito moi sinxelo a vida e a obra desta artista xaponesa.







LECTURAS INTERCICLOS.ALGO MÁIS QUE LECTURA!

Dentro das actividades ralizadas na nosa Biblioteca sempre está integrada a lectura interciclos. Realizamos sesións de lectura por parellas entre rapaces/as maiores e nenos/as máis pequenos.

DÍA DA PAZ CON YAYOI

Este curso, para celebrar o Día da Paz, creamos no cole entre tod@s un “espazo infinito”, inspirándonos na artista xaponesa Yayoi Kusama.