Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2012

PARA ESTE VERÁN.....

MERGÚLLATE CON RONI NUN MAR DE LIBROS...



PARA EDUCACIÓN INFANTIL



PARA O PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.



PARA O SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA.



PARA O TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA.



PARA AS FAMILIAS:


RECIBIMOS UN PREMIO!!!.

A NOSA BIBLIO FOI PREMIADA XUNTO CON OUTRAS DA ZONA. PARABÉNS A TODOS!!!.


RONI, A NOSA MASCOTA, TAMÉN ACOLLEU CON GRAN ALEGRÍA ESTE PREMIO.


Trátase do premio Liebster: "de blog en blog...", iniciativa que pretende dar a coñecer pequenos blogs de menos de 200 seguidores.
Estamos encantados e foi un premio acollido con moita sorpresa e ilusión. Abaixo podedes comprobar as bibliotecas premiadas.










. "biblioteca do cole" do CEIP Qunitela (Moaña).

. "O recanto de Roni" do CEIP A Rúa de Cangas.

. "Paporrubio" do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar).

. "O blogue de Picolindo" do CEIP Virxe do Rocío (Vigo).

. "O rincón da fantasía" da Comarca do Salnés.

É MOI GRATIFICANTE SABER QUE O NOSO BLOG É SEGUIDO POR XENTE ANÓNIMA. ESTO ANIMA A SEGUIR CON ILUSIÓN NO DÍA A DÍA  COAS NOSAS BIBLIOS, DADO QUE AS VECES VÉMONOS MOI SATURADOS DE TRABALLO E CON FALTA DE TEMPO PARA ADICARLLE Ó BLOG. PERO, PROMETEMOS PARA TODOS OS NOSOS SEGUIDORES, QUE ILUSIÓN …

VERSIÓNS LIBRES DE " AS MENINAS"

POLO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA.



O CADRO " AS MENINAS" FOI CREADO POLO FAMOSO PINTOR ESPAÑOL, DIEGO DE VELÁZQUEZ. PLASMOU NESTA PINTURA Á INFANTA MARGARITA, Á SÚA FAMILIA E ÓS SEUS SERVENTES EN 1656. DIEGO DE VELÁZQUEZ TAMÉN SE AUTORRETRATIU NESTA FAMOSA PINTURA.
ESTÁ PINTADO DENDE A PERSPECTIVA DO REI FELIPE IV E A RAÍÑA MARIANA DE AUSTRIA QUE APARECEN RETRATADOS NO ESPELLP QUE ESTÁ PRETO DA PORTA.

         ASÍ FIXEMOS AS VERSIÓNS LIBRES DO CADRO EN CLASE DE PLÁSTICA, ESTES FORON OS PASOS A SEGUIR:
                                     1º.- OBSERVAMOS DETIDAMENTE O CADRO PARA SABER COMO DEBUXALO POSTERIORMENTE.

                                     2º.- ORGANIZÁMONOS POR EQUIPOS DE 3 E 4 PERSOAS E ELEXIMOS UN LIBRO QUE LÉRAMOS E QUE NOS GUSTARA.
 OS CONTOS E LIBROS QUE ELIXIMOS FORON:
                                                          - HARRY POTTER.
                                                           -O MAGO DE OZ.                                              …

OS PEQUES DE 3 ANOS INICIÁMONOS....

NA EDUCACIÓN DOCUMENTAL.....
NA AULA DECIDIMOS INVESTIGAR AS RÁS, DADO QUE A NOSA MASCOTA É UNHA RÁ.  INICIAMOS ASÍ UN NOVO PROXECTO NO QUE TAMÉN NOS INICIAMOS NO EIDO DA EDUCACIÓN DOCUMENTAL.

PRIMEIRO NA AULA, DESCUBRIMOS CALES SON OSCOÑECEMENTOS PREVIOS DOS ALUMNOS. DESCUBRIMOS QUE SABEN QUE AS RÁS...

- SON VERDES, SALTAN E NADAN. TEÑEN DOUS OLLOS SALTÓNS E PATAS. COMEN MOSCAS E QUE FAN CROAC, CROAC!!!.

QUEREMOS SABER MÁIS...
- ONDE VIVEN, COMO NACEN...

PREGUNTAMOSONDE TEREMOS QUE BUSCARPARA ATOPAR TODA A INFORMACIÓN. OS PEQUES RESPONDEN:

- EN PAPEIS, LIBROS, ORDENADOR....


POIS CON GAÑAS DE DESCUBRIR COUSAS INTERESANTES, BUSCAMOS UN LIBRO NA BIBLIO DO COLE, "RECANTO DE RONI".



LEREMOS EN VARIAS SESIÓNS PARA BUSCAR  O QUE NECESITAMOS.

NA NOSABIBLIO DE AULA TAMÉN ATOPAMOS OUTRO LIBRO QUE NOS PODE SERVIR.



ESTA INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA, FOI COMPLETADA CO VISIONADO DUN VÍDEO QUE ATOPAMOS EN YOUTUBE SOBRE A VIDA DAS RÁS DENDE QUE NACEN ATA QUE SE CONVERTEN EN ADULTAS. ADEMÁIS TAMÉ…

PABLO OTERO VISITA A NOSA BIBLIO

O ILUSTRADOR DE



VEU CARGADIÑO CUNHA MALETA E MOITAS IDEAS XENIAS PARA FACER ILUSTRACIÓNS. ENTRE VARIAS DAS SÚAS APORTACIÓNS Á VARIAS OBRAS, A QUE SE MOSTRA ARRIBA É A NOVIDADE QUE ACABA DE SACAR....

PRESENTOU A SESIÓN OFRECENDO Ó ALUMNADO DE 3º CICLIO UN TALLER PARA ELABORAR IDEOGRAMAS.


UN BO EXEMPLO SOBRE A PALABRA GOLF. OS ALUMNOS/AS XA FORON COLLENDO BOA NOTA PARA FACER AS SÚAS ILUSTRACIÓNS...


O TALLER FOI UN ÉXITO. A IDEA FOI MOI BEN ACOLLIDA POR TODOS E PABLO OTERO IMPLICOUSE COS NOSOS ALUMNOS NA PROCURA DE IDEOGRAMAS ORIXINAIS, DIVERTIDOS E MOI, MOI ESPECIAIS.


NESTAS IMAXES PODEDES OLLAR AS PROPOSTAS DOS NOSOS ALUMNOS.


Ó REMATE DO TALLER, PABLO OTERO QUIXO DEIXAR UNHA PEGADA MÁIS NA NOSA BIBLIO. ASINOU O NOSO CARTEL QUE LLE TÍÑAMOS PREPARADO PARA DARLLE A BENVIDA. FÍXONOS MOITA ILUSIÓN E XA FORMA PARTE  DO NOSO EXPOSITOR DE LIBROS A DICADOS POLOS AUTORES.






GRACIÑAS POR ADICARNOS ESTE TEMPO TAN PRECIADO. SAÚDOS DENDE O NOSO COLE.

RECIBIMOS UNHA CARTA DE MARISA NÚÑEZ......

AUTORA DE COCORICO, CHOCOLATA.....
 NA CLASE DOS PITUFOS DE 3 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO O CONTO DE COCORICO E FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES( PUBLICADAS NO NOSO BLOG) ENTRE ELAS, UNHA CARTIÑA CONVIDÁNDOA Ó NOSO COLE PARA QUE ELA MESMA NOS CONTARA O CONTO....POIS BEN, ESTA SEMANA RESPONDEUNOS MOI AMABLEMENTE.



UN REGALIÑO QUE A NOSA ENCARGADA MOI EMOCIONADA CONSEGUIU ABRIR.
DESCUBRIMOS UNHAS CHAPIÑAS NAS QUE APARECE O NOSO QUERIDO COCORICO.


TAMÉN ATOPAMOS ESTA CARTIÑA. OS PEQUES ESTABAN MOI, MOI CONTENTOS....


AGORA LEVAMOS A COCORICO CERCA DO NOSO CORAZÓN, TAL E COMO NOS PEDIU MARISA.

ATA PITUSA, A NOSA MASCOTA QUIXO POÑER TAMÉN UNHA CHAPIÑA...

PARA AGRADECER Á AUTORA  ESTE FANTÁSTICO AGASALLO MANDÁMOSLLE UNHA CARTIÑA.