Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

VIAXANDO POLA BIBLIO... EDUCACIÓN DOCUMENTAL

Nas diversas actividades que se levan amosando ata o momento que fan referencia ao tema núcleo e en relación co noso proxecto intercentros con Toledo e Bordils sobre os medios audiovisuais, xorde a necesidade de fomentar no alumnado a procura de información para indagar nos contidos que descoñecen, completar conceptos, comprobar se os seus coñecementos previos se confirman, etc. 
Comeza así unha viaxe pola nosa Biblio, polos nosos fondos, descubrindo exemplares, a súa ubicación, recollida de datos, postas en común... un traballo que se realizará mediante grupos cooperativos para potenciar aprendizaxes significativas, de consensos e acordos, de colaboración no traballo na que os nenos son os protagonistas principais. Comezamos a traballar a Educación Documental cos nosos alumnos/as.
O alumnado de 5º de Primaria comeza coa busca de información para completar algúns apartados do seu proxecto das Etapas da Historia e sobre os Restos prehistóricos da nosa provincia de Pontevedra.  De seguido …

BUSCANDO TESOUROS DE OLI

Este curso embarcámonos nunha gran viaxe. Fixemos varias rutas para descubrir lugares impresionantes.....Os nenos de Infantil atracamos os nosos barcos na ría para poder coñecer a un escritor da nosa vila de Cangas....OLI. Decidimos ir buscar os seus libros á nosa Biblio. Realizamos varias actividades relacionadas cos seus contos (actividade que se pode ver nunha entrada anterior neste mismo blog).


Como lles gustou tanto o PIRATA PATA DE LATA, non dubidamos en poñer pano na cabeza e con gañas de buscar tesouros, organizamos un xogo de busca de tesouros coa axuda da nosa mestra de psicomotricidadeconvertimos o ximnasio nunha ruta moi aventureira, na que cada tripulación debería ir na procura dos tesouros de OLI.
De estación en estación, entonando a  nosa canción  favorita TODOS SOMOS CAPITÁNS, do conto ANena e o grilo nun barquiño de Magín Blanco, realizamos  a seguinte ruta... OLLADE!!!




Presentamos "Deixando atrás", o noso documental do proxecto Cine en Curso

Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60.

Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo.




ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ:

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás&qu…

LECTURAS PARA VIAXARRR!!!

RONI PREPARA UNHAS VACACIÓNS MOI AVENTUREIRAS.
PREPARADE  A  MALETA QUE RONI VOS VAI A RECOMENDAR  LECTURAS PARA VIAXAR.
.............................................................................................................................................................
PARA INFANTIL,
 LECTURAS PARA MERGULLARSE NAS NOSAS PRAIAS.



ESTE ÁLBUM SE HA COMIDO A MI PERRO!.

RICHARD BYRNE.

EDITORIAL: BRUÑO.









 TE QUIERO ( CASI SIEMPRE).

ANNA LLENAS.

 EDITORIAL: ESPASA.








 OS RATOS DA CASA.


OLI, NATALIA COLOMBO.


EDITORIAL:  KALANDRAKA. 






 EL MOSTRUO DE LOS COLORES.

ANNA LLENAS 


EDITORIAL: FLAMBOYANT.







.......................................................................................................................................................................







PARA O  1º CICLO,
 LECTURAS PARA VIAXAR MOI LONXE.



ESTO ES LONDRES

M. SASCK.

EDITORIAL: EL PATITO EDITORIAL.












LA FABULOSA PERLA.

WENDY HARMER.

EDITORIAL: BEASCOBA.