Saltar ao contido principal

VERSIÓNS LIBRES DE " AS MENINAS"

POLO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA.



O CADRO " AS MENINAS" FOI CREADO POLO FAMOSO PINTOR ESPAÑOL, DIEGO DE VELÁZQUEZ. PLASMOU NESTA PINTURA Á INFANTA MARGARITA, Á SÚA FAMILIA E ÓS SEUS SERVENTES EN 1656. DIEGO DE VELÁZQUEZ TAMÉN SE AUTORRETRATIU NESTA FAMOSA PINTURA.
ESTÁ PINTADO DENDE A PERSPECTIVA DO REI FELIPE IV E A RAÍÑA MARIANA DE AUSTRIA QUE APARECEN RETRATADOS NO ESPELLP QUE ESTÁ PRETO DA PORTA.

         ASÍ FIXEMOS AS VERSIÓNS LIBRES DO CADRO EN CLASE DE PLÁSTICA, ESTES FORON OS PASOS A SEGUIR:
                                     1º.- OBSERVAMOS DETIDAMENTE O CADRO PARA SABER COMO DEBUXALO POSTERIORMENTE.

                                     2º.- ORGANIZÁMONOS POR EQUIPOS DE 3 E 4 PERSOAS E ELEXIMOS UN LIBRO QUE LÉRAMOS E QUE NOS GUSTARA.
 OS CONTOS E LIBROS QUE ELIXIMOS FORON:
                                                          - HARRY POTTER.

                                                           -O MAGO DE OZ.
                                                      
                                                           -ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS.

                                                            -GERÓNOMO STILTON.

                                                            -MORTADELO E FILEMÓN.
                                  
                                 3º.- SELECCIONAMOS 12 PROTAGONISTAS DO LIBRO PARA FACER A NOSA VERSIÓN DO CADRO.

                                 4º.- FIXEMOS VARIOS BORRADORES PARA SITUAR ÓS PERSONAXES, ELEXIR A SÚA ROUPA, O SEU ASPECTO.....E TER UNHA IDEA DE COMO ÍA QUEDAR.

        AQUÍ PODEDES VER A NOSA OBRA QUE EN BREVE ESTARÁ EXPOSTA NA BIBLIO PARA TODOS OS PÚBLICOS.

















              






 


 
CANDO REMATAMOS OS CADROS, CADA MEMBRO DO GRUPO ESCRIBIU UN DIÁLOGO SOBRE O QUE PODÍAN DICIRSE OS PERSONAXES DO CADRO. DENTRO DE POUCO FAREMOS UNHA EXPOSICIÓN COS CADROS E OS DIÁLOGOS.

FANTÁSTICO TRABALLO. UNHA AUTÉNTICA OBRA DE ARTE!!!. BICOS DE RONI.




Comentarios

  1. Seguro que se Velázque tivera a oportunidade de ollar estar versións quedaría encántado.
    Bonito e completo traballo. Noraboa!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...