Saltar ao contido principal

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO


Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias.
Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron.
ERNESTO BO DÍA( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.
 " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa".

A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...
                                                Xeo derreténdose nunha tixola.



A COCIÑA DE NOITE, de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.
  

" PROPÓÑOVOS QUE CADA UN DE VÓS ELABOREDES, COA AXUDA DE PAPI E/OU
MAMI, UN MENÚ EQUILIBRADO ONDE TEÑA QUE HABER ALGÚN PROCESO DE COCCIÓN
(NA COCIÑA, NO FORNO...).
O MENÚ EQUILIBRADO, LEMBRADE QUE TEN QUE TER 50% DE VERDURAS, 25% DE
HIDRATOS DE CARBONO (FARIÑA, PASTA, ARROZ...) E 25% DE PROTEÍNA
(PEIXE, CARNE, OVOS...).

A IDEA É QUE ESCRIBADES A RECEITA DO QUE FACEDES CON DETALLE:
ANOTAR INGREDIENTES E PESALOS, TAMÉN OS LÍQUIDOS (SE LLE BOTADES), O
TEMPO E A TEMPERATURA DO FORNO, DA COCIÑA (RECORDADE QUE A AUGA FERVE
A 100 GRAOS)  TODO MOI DETALLADO. SE PODEDES TIRAR FOTOS DO PROCESO,
SERÍA FANTÁSTICO. POLO MENOS FOTO DO PRATO FINAL E O PRATO BALEIRO.

DESPOIS DEBEDES COMPARTILO CON ALGÚN COMPAÑEIRO/A POR CORREO
ELECTRÓNICO E INVITALO/A A QUE FAGA A VOSA RECEITA E QUE VOS MANDE
FOTO CANDO A COMA E
QUE VOS ESCRIBA QUE LLE PARECEU, SE CAMBIOU ALGO... "






ABC DIARIOde Pablo Otero

 "VEDES QUE O CONTO SÓ TEN LETRAS SOLTAS E IMAXES. PROPÓÑOVOS QUE VOS
CONVIRTADES EN ESCRITORAS E ESCRITORES DO CONTO.
IDES ESCRIBIR UNHA PALABRA QUE LLE VAIA BEN A CADA IMAXE (DEBE CONTER
A LETRA QUE APARECE NA MESMA). LOGO, CON ESA PALABRA FORMAREDES UNHA
FRASE
QUE VOS INSPIRE A PALABRA E A FOTOGRAFÍA. E ASÍ, ATA REMATAR A HISTORIA.

- E AGORA, PROPÓÑOVOS FOTOGRAFAR O QUE FAGADES DURANTE UN DÍA E CREAR
VÓS O VOSO PROPIO DIARIO AUDIOVISUAL, COMO PABLO OTERO."


Deste xeito, os nen@s responderon mandando o  diario do seu  propio xardín.


 
El PUEBLO DURMIENTE

"ESPERO QUE VOS GUSTASE O INICIO DESTE MARABILLOSO
CONTO ILUSTRADO.  REBECCA DAUTREMER É UNHA MAGNÍFICA ILUSTRADORA E
CONTADORA DE HISTORIAS.

NO CONTO APARECEN UNHA RA E UNHA BOLBORETA. DOUS ANIMAIS QUE PASAN POR
UNHA METAMORFOSE CANDO MEDRAN, QUE É UN CAMBIO ENORMEEEE.SE CHE APETECE, FAI EN VIÑETAS A SÚA TRANSFORMACIÓN"








Tamén pensaron noutro posible final de forma escrita e tamén verbal a través dun vídeo onde se elaboraron aos protagonistas con plasti.








CORREO PARA TIGRE,  de Janosh.


"COMO VEDES, TIGRE BOTA MOITO DE MENOS A OSO E AS CARTAS SÉRVENLLE PARA ACHEGARSE A EL E TELO MÁIS CERCA. 

PARA SENTIRNOS MÁIS CERCA, PROPÓÑOVOS QUE NOS ESCRIBAMOS CARTAS ENTRE TODAS E TODOS. PODEDES ESCRIBILAS NO CADERNO E LOGO COPIALAS NO CORREO, OU DIRECTAMENTE NO CORREO ELECTRÓNICO. PODEDES ENVIAR NELAS TAMÉN FOTOS DE COUSAS QUE FACEDES, AUDIOS, VÍDEOS...


LEMBRADE QUE SERÍA BO POÑER NELAS:

_ LUGAR DENDE ONDE ESCRIBES (CANGAS, DARBO...)
_ DATA
_ SAÚDO
_ CONTAR VARIAS COUSAS
_ DESPEDIDA
_ NOME
_ SE QUERES, ADXUNTA ALGUNHA FOTO, VÍDEO, AUDIO...
SERÍA BONITO QUE ESAS CARTAS QUE ESCRIBADES MAS REENVIEDES A MIN PARA SUBILAS AO DRIVE. A QUE SI??!
DÉIXOVOS AQUÍ ALGÚN EXEMPLO DIVERTIDO DE CARTAS:"

E non tardaron en chegar as primeiras cartas.






FREDERIK, da poeta ANA M. FERNÁNDEZ

"FREDERIC É UN POETA. IMOS LEMBRAR A ÚLTIMA POESÍA QUE APRENDEMOS NA CLASE, "POLAS RÚAS DE TULÚS".

 PRIMEIRO BUSCA OUTRAS PALABRAS QUE RIMEN CON TULÚS, PEQUÍN, SEVILLA, DAMASCO, ALMERÍA E PADRÓN.

E CANDO AS TEÑAS INTENTA COMPLETAR ESTA NOVA VERSIÓN DO POEMA:
"POLAS RÚAS DE TULÚS,
VAI CANDELA...
POLAS RÚAS DE PEQUÍN,
VAI XABI...
POLAS RÚAS DE SEVILLA,
VAI AROA...
POLAS RÚAS DE DAMASCO,
VAI VIOLETA...
POLAS RÚAS DE ALMERÍA,
VAI DANI...
POLAS RÚAS DE PADRÓN,
VAI NORA...
POR SUPOSTO, PODES CAMBIAR OS NOMES DOS NENOS E NENAS DA CLASE COMO QUEIRAS.

E os nen@s  comezaron a escribir poesía....

"POLAS RÚAS DE TULÚS,
VAI GAEL…COMENDO CUSCUS
POLAS RÚAS DE PEQUÍN,
VAI XABI…CUN CALCETIN
POLAS RÚAS DE SEVILLA,
VAI AROA…PERSEGUINDO UNHA ARDILLA
POLAS RÚAS DE PADRÓN,
VAI NORA...CUN TIBURON........









Comentarios

Publicacións populares deste blog

LECTURAS REFRESCANTES PARA UN VERÁN DE CINE

PARA OS PEQUES DE INFANTIL



GRAZAS, KALANDRAKA.
ISABEL MINHÓS MARTÍNS
BERNARDO CARVALHO.

DINOSAURIOS GIGANTES, SM

HADAS, COLEC. EDIT: VOX LIBROS PARA MENTES DESPIERTAS.

PARA 1ºCICLO.

LECTURAS PARA BUCEAR.

LOS MONTRUOS GRANDES NO LLORAN, SUSHI BOOKS KALLE GÜETTLER RAKEL HELMSDAL ÁSLAUG JÓNSDÓTTIR.




O SOÑO DE ESTHER, NOVA GALICIA

MIGUEL ÁNGEL ALONSO


PERLA, UN HADA MUY ESPECIAL. COLEC. EDIT: BEASCOA WENDY HARMER




LECTURAS PARA 2ºCICLO

CARTA DE RONI LETRAS GALEGAS 2020

Cangas, 5 de maio do 2020. 
Ola rapaces/as!!!
O motivo de escribir esta carta é que para a vindeira semana é o Día Das Letras Galegas, que como sabedes se celebra todos os anos o 17 de maio.

OS BIBLIOTESOUROS DOS NEN@S DA RÚA

OS NEN@S DA RÚA XA ESTÁN COMPARTINDO OS SEUS BIBLIOTESOUROS DENDE AS SÚAS CASAS..


QUEREDES VER OS VOSOS COMPAÑEIROS..

FAI CLICK NO SEGUINTE LINK

BIBLIOTESOUROS