Saltar ao contido principal

Publicacións

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing

Así foron as sesións de Biblioteca dos nenos e nenas de 1º

Este curso estivemos convidados/as pola nosa querida mascota Roni, a gozar da nosa Biblio para descubrir este renovado espazo: os cambios de ambientes, mobiliario, lecturas, incorporación dunha zona de xogos de mesa así como, dun cambio de mirada cara unha nova forma de achegarnos ás lecturas . Aproveitamos estas sesións, para dinamizar os nosos momentos lectores, formación de usuarios e iniciarnos na búsqueda de información  para afondar no contido dos nosos proxectos.   Pasámolo xenial!!!! Neste enlace podedes ollar as nosas sesións que realizamos ao longo deste curso. https://drive.google.com/drive/folders/15pmsvZ5c-pgLkyurpKdBkvAurHqZVqJ5?usp=sharing

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.  ...

A RÚA DAS PALABRAS

BOS DÍAS NENOS! HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL! O DÍA DAS LETRAS GALEGAS! GRAZAS A TODOS POLAS VOSAS PALABRAS! QUEREDES VELAS! A RÚA DAS PALABRAS

RECOMENDACIÓN LECTORAS SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

ESTA SEMANA TAN ESPECIAL RONI QUERE FACERVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA QUE VIAXECES E VOS NAMOREDES DA LITERATURA GALEGA. FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS! RECOMENDACIÓNS LECTORAS

CARTA DE RONI LETRAS GALEGAS 2020

    Cangas, 5 de maio do 2020.  Ola rapaces/as!!! O motivo de escribir esta carta é que para a vindeira semana é o Día Das Letras Galegas , que como sabedes se celebra todos os anos o 17 de maio.

MOMENTOS LECTORES EN FAMILIA

DENDE A BIBLIOTECA QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS/AS OS VOSOS MOMENTOS LECTORES FAMILIARES.. SITE DE MOMENTOS LECTORES MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NO MEU RETO LECTOR! UN BIBLIOSAUDO, RONI.

RETO LECTOR DE RONI OS PROFES

RONI RETOU OS PROFES NA SEMANA DO LIBRO A UN RETO LECTOR. QUEREDES VELO! VIDEO RETO UNHA APERTA A TODOS OS NENOS/AS VALENTES DO CEIP A RÚA BIBLIOSAUDOS

OS BIBLIOTESOUROS DOS NEN@S DA RÚA

OS NEN@S DA RÚA XA ESTÁN COMPARTINDO OS SEUS BIBLIOTESOUROS DENDE AS SÚAS CASAS.. QUEREDES VER OS VOSOS COMPAÑEIROS.. FAI CLICK NO SEGUINTE LINK BIBLIOTESOUROS

AUDIOCONTOS

OS  MESTRES/AS DA RÚA.. QUEREN CHEGAR AS VOSAS CASAS... GRAVAMOS UNS CONTOS PARA QUE DISFRUTEDES! ESPEREMOS QUE VOS GUSTE! FAI CLICK AUDIOCONTOS

BESOS BESOS

BESOS, BESOS      BESOS BESOS   Conversamos . Como son os teus besos?: frequiños, suaves, pinchan, de chocolate, sonoros….   Pónlle cor ós teus besos . Representa os teus besos debuxando con cores, con pincéis…podes colocalos nas ventas a modo de mensaxe.

A EIRUGA GLOTONA

PROPUESTAS PARA EL CUENTO LA ORUGA GLOTONA LA ORUGA GLOTONA 1. Representamos con oso corpo á Eiruga . Cunha tea estirada no chan nos enrolamos pouco a pouco nela ata que quedamosenvoltostotalmente. Permanecemos un ratiño. Logo pouco a pouco, intentamos saír e voamos como unha bolboreta.     2. Somos unha eiruga glotona e imos ó froiteiro da casa e decidimos que froitas nos gustaría comer. Tamén podemos facer brochetas, zumes ou batidos. 3.Coa plasti, elaborar un ovo, a eiruga e a bolboreta. Secuenciar as fases do proceso de nacemento. Conversar.

COCORICO

 AS PROPOSTAS DO CONTO DE COCORICO   AUDIOCONTO COCORICO RIMA CON MOVEMENTO TAMARA TCHUVAROSKY Facer un Biscoito Cocorico   para compartir no desaiuno, na merenda.Podedes preparar previamente a lista dos ingredientes que ides a necesitar.Facede pesadas, medidas…. No momento da elaboración do biscoito; remover, amasar, bater…. Elaborar debuxos dos protagonistas e colocarlles un pauciño para convertilos en marionetas e recrear o conto, facer diálogos…. Masaxe para relaxarnos . Poñemos a canción de Cocorico a volumen suave para ambiantar. Tumbados boca abaixo imos seguir a canción e cando escoitamos “ Picotí picotá”, imitamos a Cocorico convertindo a nosa man no seu peteiro. Tamén se pode facer coas dúas mans a vez pola espalda. Logo imitamos a Gato pelado cando escoitemos o “marramiau, marramiau”, como se estivésemos arañando pola espalda. Terminamos cun toque final, coas mans imitamos como se estivésemos amasando. Respiramos profunda...

ARTUR

PROSTAS  PARA O CONTO "ARTUR" AUDIOCONTO ARTUR RIMA DE MOVEMENTO EL POLLITO DE TAMARA TCHUVAROSKY Recreamos a historia do Pito Artur . “ Somos o Pito Artur e estamos encollidos dentro do ovo(que pode ser unha caixa, debaixo dunha mesa…..). Estamos incómodos. Pouco a pouco nos movemos: a un lado e a outro. Logo estiramos un brazo, a perna. Intentamos romper o ovo co noso peteiro. Cando abre sacamos a baza despaciño, o corpo, brazos e pernas. Saímos do ovo. Comezamos a camiñar, a tremer porque temos frío. Pechamos os ollos e quedamos durmidos. Profundamente durmidos acurrucadiños”.

DESCUBRINDO A ROSALÍA DE CASTRO

Coincidindo co seu aniversario o 24 de febreiro, dende a nosa Biblio queremos recordar e rendir homenaxe a unha   das   Grandes da nosas Letras e da nosa Cultura Galega … ROSALÍA DE CASTRO

FAROVELLOS NA RÚA

Como cada ano, Roni se anima a vestirse para dar as consignas aos nen@s. Así de guapo e atrevido se deixou ver nesta ocasión.

2ª XUNTANZA DE REPRESENTANTES NA BIBLIOTECA

Vense de celebrar a 2ª xuntanza de representantes, pertencente ao segundo trimestre. Nesta convocatoria, os representantes compartiron as inquedanzas dos seus compañeiros, transmitindo as dúbidas, as propostas e a preocupación por resolver algúns pequenos conflictos.