Saltar ao contido principal

Publicacións

CARTA DE RONI Ola nenas! Ola nenos! Son Roni! Estou seguro de que vos lembrades de min. Ah! é certo, os pequerrechos de tres anos ainda me coñecen pouco, pois para eles un saúdo especial. Despois dun verán de Praia, viaxes e xogos e de dous meses de curso non vos vin moito pola Biblioteca. Xa sei que non foi culpa vosa, que queriades vir , pero xa sabedes que de momento só podiades achegarvos a darme unha visita cos vosos titores. Peroooo… preparade esas orellas para escoitar a miña nova!!! A BIBLIOTECA ESTARÁ A VOSA DISPOSICIÓN NOS RECREOS!!! Si, escoitastedes ben, NOS RECREOS!!!! Pero só cando teñamos patio , claro!!! Podedes ler esa media horiña comigo, viaxar coas historias que gardan os libros, soñar que somos piratas, investigadores ou bruxas e por suposto levar libros para ler na vosa casa… Bicos para todos e todas e vinde pronto. O voso amiguiño, Roni.
"El secreto del oso hormiguero" Faktoría de Libros.

ULTIMAS NOVIDADES NA BIBLIOTECA

"O Porquiño" Ed. Kalandraka. O porquiño vivía no seu cortello, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dicían. A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como “Contos de ratiños” e “Sopa de rato”, publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar. Báixate un pdf con máis información. "Como facer un Cömic" Ed.Faktoría de libros. Lewis Trondheim e Sergio García alíanse...

¿Onde está o navío de Darwin?

Un grupo de científicos atópase preto de coñecer o punto exacto do naufraxio do Beagle, embarcación na que Charles Darwin iniciou as súas teorías da evolución. Con este navío, Darwin percorreu gran parte de América e fixo unha expedición entre 1831 e 1836 ao mando do capitán Robert Fitzroy. Esta experiencia influíu no desenvolvemento das súas ideas sobre a evolución e na publicación da súa obra “A Orixe das Especies” en 1859. O Beagle é considerado un dos barcos máis importantes da historia da ciencia, aínda que non se levaron a cabo inves tigacións sobre el durante un século. De 1820 a 1823 estivo no asteleiro real de Woolwich, despois foi reacondicionado como buque de investigación hidrográfica. Isto levoulle a dar a volta ao mundo en 2 ocasións. O buque foi retirado en 1840, aínda que máis tarde foi empregado polo servizo de gardacostas para actividades contra o contrabando. Cara a 1875 perdeuse a pista do gran nav ío. Viaxe do Beagle etapa por etapa

ESTAMOS NO ANO DE DARWIN

Celebramos este ano o 200 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin (Shrewsbury, 12 febreiro 1809-19 abril 1882, Downe). Foi un naturalista inglés pai da teoría da evolución por selección natural descrita na súa obra a “ A orixe das especies”. Revolucionou o concepto que o ser humano ten de si mesmo e da súa relación coas demais especies do planeta ao establecer unha orixe común para todas elas. Debido a estas ideas revolucionarias para a época, foi moi criticado por diversos sectores da sociedade especialmente pola igrexa católica, pero o seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra, e no pensamento moderno en xeral. A TEORÍA DA EVOLUCIÓN A teoría da evolución propón a competencia e a aptitude como mecani smos evolutivos na idea da supervivencia dos máis aptos. A teoría establece que os distintos individuos non nacen coas mesmas características. Algunhas destas poden ser máis qu...

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!

O incrible neno devorador de libros !!! A Henry encantábanlle os libros, pero non como a ti e a min, non.... a Henry encantáballe COMER libros!!! O autor deste libro é Oliver Jeffers E a adaptación ao galego é de Óscar Villán e Antón Suárez. O libro ten 31 páxinas e podes atopalo na Biblioteca de A Rúa. Ah... IMPORTANTE!!! Este é o primeiro libro dunha nova editorial galega que empeza con ganas de facer as cousas ben. Celebramos o bo comezo e desexamos moitos éxitos a www.patasdepeixe.com

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...