Saltar ao contido principal

COÑECEMOS A NOSA BIBLIO, COÑECEMOS A RONI

OS PEQUES DE 3 ANOS COMEZAMOS CON MOITA ILUSIÓN UNHA NOVA ETAPA.
 TRAS VARIOS DÍAS DE ADAPTACIÓN E PRESENTACIÓNS, CARGAMOS PILAS PARA COMEZAR ESTA SINGULAR VIAXE CON MOITA ENERXÍA....
 DESCUBRIMOS UN SITIO CON MOITA MAXIA....
A NOSA BIBLIO QUE ESTÁ MOI BEN COIDADA POR ALGUÉN MOI ESPECIAL, A NOSA MASCOTA RONI.
UNHA VEZ DENTRO, OLLAMOS PARA TODOS OS LADOS PORQUE NOS IMPRESIONA VER A CANTIDADE DE CONTOS E LIBROS TAN BONITOS QUE HAI. PARA FORMAR PARTE DESTA BIBLIO NECESITAMOS DESCUBRIR MOITAS COUSIÑAS INTERESANTES; SABER CAL É O NOSO RINCÓN LECTOR E OS LIBROS QUE PODEMOS OLLAR....COMEZAMOS A FORMACIÓN DE USUARIOS...

DESPOIS DAS PRESENTACIÓNS, COLOREAMOS A NOSA MASCOTA.















 CO CARNET DE USUARIO DE RONI, FACEMOS ROMPECABEZAS.



COA IMAXE DE RONI VIAXEIRO TAMÉN FIXEMOS ROMPECABEZAS.



XOGAMOS E IMAXINAMOS QUE SOMOS LIBROS QUE VIAXAMOS POLA BIBLIO......Ó REMATAR A MÚSICA DEBEMOS DE COLOCARNOS CERCA DO ESTANTE DE LIBROS QUE A PROFE NOS DIGA.

NESTE CASO, REPRESENTÁBAMOS OS CONTOS DE LUPE E COMO XA INDICAMOS, NOS COLOCAMOS Ó CARÓN DA SÚA CASIÑA.



AQUÍ ESTAMOS OLLANDO AS ETIQUETAS QUE HAI NOS ESTANTES...
COMPROBAMOS QUE A COR QUE MARCA OS NOSOS LIBROS E ESTANTES É O AZUL.











FINALMENTE, FIXÉMOSLLE UN AGASALLO A RONI, APERTAS MOI DOCES......
ESTAMOS ENCANTADOS DE DESCUBRIR ESTE ESPACIO TAN ESPECIAL.....
















Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...