Como xa ben comentamos en liñas anteriores, debido ós
cambios que fixemos en canto a reorganización dos fondos faise necesario
informar os nosos usuarios.
Cos máis peques, fixemos un xogo: consiste en que eles
mesmos se convirten en contos. Nós pegámoslles una pegatina identificativa tal
e como levan os contos, e cando a música pare Terán que ubicarse no seu
estante.
Na aula de 1º, contamos cun espazo propio adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo. Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta) EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.
O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...
Comentarios
Publicar un comentario