O primeiro paso
para realizar unha película é a fase de documentación. Observamos con moita
atención a nosa contorna, buscamos información na Biblioteca,
preguntamos ás nosas familias, escoitamos aos nosos maiores… todo para chegar a
un acordo sobre o tema do noso documental.
Na aula de 1º, contamos cun espazo propio adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo. Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........
Comentarios
Publicar un comentario