Nunha bandexa presentamos o conto, que neste caso trouxo un
neno da súa casa, con algúns elementos do conto: garabanzos, moedas, repolos en
fieltro, o boi e o azafrán.
Ó rematar a lectura do mesmo, pasaremos por turnos as moedas
para miralas: tamaño, os números que aparecen identificar a que aparece no
conto… Tocamos os grabanzos, os repolos…. Presentamos o azafrán e conversamos
de si saben o que é, para que serve, a cor…..

Pasamos a auga a unha botelliña que pecharemos para que
poidan collela e manipulala no momento que desexen.
Esta nova recreación do conto estará estes días na
aula para que lean o conto, recreen a historia, manipulen os elementos….as
moedas as cambiaremos por unas de papel.

Comentarios
Publicar un comentario